O MGS celebrou o seu acto de homenaxe a Moncho Reboiras en Imo

Este ano cumpríronse os 35 anos do asasinato de Xosé Ramón Reboiras en Ferrol a mans da policía franquista. Un ano mais o Movemento Galego ao Socialismo non quixo deixar pasar esta data sen recordar a un militante que deu a súa vida polos que hoxe constitúen o eixo central dos obxectivos estratéxicos da nosa [...]

Reboiras, na memoria presente

Trinta e cinco anos despois do seu pasamento, a mans da vil policía franquista, a figura de Moncho Reboiras segue presente entre nós, como segue presente o seu ideario político, a dun patriota galego comprometido coa liberación nacional e social de Galiza.
Desde o Movemento Galego ao Socialismo (MGS) queremos, un ano máis, reivindicar o compromiso [...]

Máis de 20.000 galegas e galegos reclaman a soberanía e un novo modelo económico

A zona vella de Compostela converteuse onte nun escenario de vivos contrastes que nos dá a medida das contradiccións e entraves do noso país. Por un lado, monarcas directamente chegados desde o medievo, bispos e arzobispos santos e militares, palmeados por milleiros de súbditos orgullosos de tal condición, no Obradoiro e dentro da Catedral; e, [...]

Dia da Pátria galega 2010

Este 25 de Julho sairemos às ruas de Compostela, mais umha vez, a reivindicar a soberania nacional para o nosso país. Este ano vem marcado por um contexto europeu, estatal e galego onde se estám a implementar duríssimas reformas contra os trabalhadores: recortes sociais regressivos no Estado da mao do PSOE como a suba do [...]

Contra o terrorismo sionista

Unha flota de barcos con axuda humanitaria e activistas solidarios foi o último albo da barbarie do exército sionista, provocando 19 mortos e case 50 feridos, así como 500 detencións.  A seguir reproducimos o manifesto de Galiza por Palestina denunciando o ataque:
A actual intervención do exército israelí en augas internacionais ao atacar a frota [...]

17 de maio, todas e todos a Compostela en defensa da lingua!

A plataforma Queremos Galego chama de novo a sair á rúa neste 17 de maio, Día das Letras Galegas, convocando unha manifestación nacional ás 12h desde a Alameda de Compostela. Ante a ameaza da inminente aprobación do Decreto contra o galego, é un momento crucial para seguir a manter e tensión mobilizadora e visibilizar de [...]

A loita de clases continúa

Na víspera do 1º de maio, xornada referencial de loita para  a nosa clase, reproducimos un artigo dos nosos compañeiros Artur González e Xosé Maio, publicado no segundo número da nosa revista:
A loita de clases continúa
A estas alturas da crise económica xa é sabido por todas e todos que a orixe da mesma non [...]

Coas vítimas do franquismo, non con Garzón

O Movemento Galego ao Socialismo (MGS) desexa intervir no debate social existente arredor do procesamento por prevaricación de Baltasar Garzón, xuíz da Audiencia Nacional española, e nomeadamente pola existencia de iniciativas de apoio ao maxistrado promovidas por organizacións políticas e sindicais, asociacións para a recuperación da memoria histórica [...]

O 25 de Abril em Compostela, defendamos os serviços públicos!

O vindeiro domingo 25 de Abril às 12.30, desde a alameda compostelá partirá umha manifestaçom contra a política de desmantelamento e precarizaçom dos serviços públicos iniciada polo governo do PP na Xunta de Galiza.
Muitos som os ámbitos onde esta vaga privatizadora está actuando. Na sanidade, os intentos de privatizaçom nos novos hospitais mediante fórmulas PFI [...]

Contra os novos ataques á Revolución Cubana

A lamentábel morte dun recluso cubano serviu como excusa para iniciar unha nova campaña de difamacións e ataques á revolución cubana e ao seu sistema político, o socialismo.
Ao contrario do que se dixo por parte da maioría dos medios de comunicación e dirixentes políticos, Orlando Zapata foi condenado por delitos comúns que nada tiñan que [...]

Ligazóns

Isca!BNGCIG

Arquivos

RSS Novas da web de Isca!

RSS Novas do xornal dixital da CIG

RSS Novas da web do BNG