Miles de persoas saen a rúa coa CIG no primeiro de maio reclamando que a crise a pague o capital.

Segundo a crónica da central sindical nacionalista, arredor 16.000 persoas mobilizaronse nas 8 manifestacións convocadas baixo os lemas “Emprego e salarios dignos. Non ao pacto social” e “O déficit público que o pague o capital. Reforma fiscal xa!”
A defensa de medidas para enfrontar a crise dun xeito favorábel á clase traballadora e da necesidade [...]

1º de maio: manifestacións da CIG

O Movemento Galego ao Socialismo chama a participar nas mobilizacións convocadas polo sindicalismo nacionalista neste primeiro de maio. A seguir reproducimos un video editado pola central sindical para esta data, onde se analiza desde a perspectiva de diversos economistas e sindicalistas a situación de crise económica e as medidas axeitadas para enfrontala con alternativas [...]

A loita de clases continúa

Na víspera do 1º de maio, xornada referencial de loita para  a nosa clase, reproducimos un artigo dos nosos compañeiros Artur González e Xosé Maio, publicado no segundo número da nosa revista:
A loita de clases continúa
A estas alturas da crise económica xa é sabido por todas e todos que a orixe da mesma non [...]

Para a Clase Obreira Galega todos os días son 10 de Marzo

O 10 de marzo do ano 1972 os traballadores do naval ferrolán Amador Rei e Daniel Niebla morrían abatidos polas balas da policía tras xornadas de mobilizacións na Empresa Nacional Bazán. Os traballadores desta empresa loitaban por un convenio digno e reivindicaban melloras salariais, mellores condicións de vida e liberdades políticas. As masivas loitas obreiras [...]

Um acordo contra os salários

O chamado «Acordo para o Emprego e a Negociaçom Colectiva», subscrito o passado 9 de fevereiro entre os sindicatos espanhois CCOO e UGT e as associaçons patronais CEOE e CEPYME é gravemente lesivo para a classe trabalhadora galega. Com este pacto, os assinantes sacrificam as já fracas rendas salariais e, em contrapartida, o patronato nom [...]

A CIG presenta as súas alternativas ante a crise económica

A central sindical nacionalista e de clase presentou esta semana o documento elaborado polo seu Consello Confederal no que recolle toda unha serie de medidas para afrontar a crise económica dun xeito que favoreza as maiorías sociais, sentando as bases dun novo modelo social e produtivo.
O documento Políticas alternativas fronte a crise defende entre outras [...]

Entrevista a Antolín Alcántara: “É unha loita política contra o modelo sindical que prevalece no sector do metal”

Reproducimos a tradución dunha entrevista realizada polo xornal Faro de Vigo ao noso compañeiro Antolín Alcántara, sindicalista do metal en Vigo, membro da Xestora Nacional do MGS e un dos protagonistas xunto a miles de traballadores dunha dura loita que, desde hai xa mais dun mes, está a dar un necesario exemplo de dignidade, solidariedade [...]

En apoio á loita exemplar no sector do metal da provincia de Pontevedra

O 20 e 21 de maio terán lugar dúas novas xornadas de folga no sector do metal da provincia de Pontevedra, en defensa dun convenio colectivo digno. A patronal escúdase na situación de crise económica para manter a súa postura inflexíbel até momento ante as reivindicacións sindicais, e pretende manter a toda costa as súas [...]

Ligazóns

Isca!BNGCIG

Arquivos

RSS Novas da web de Isca!

RSS Novas do xornal dixital da CIG

RSS Novas da web do BNG