Logo de analizado o resultado do proceso de elección de delegados nas comarcas, a Xestora Nacional da nosa organización ven de fixar as liñas concretas que definirán a nosa participación na Asemblea Nacional Extraordinaria do BNG.
Aínda que a nosa presenza estará condicionada por un sistema de delegación que limita a participación da militancia e perxudica [...]
Publicado o 21/04/2009 | nas seccións:
BNG,
Destaques |
O Movemento Galego ao Socialismo estará presente na Asemblea Nacional Extraordinaria do BNG do vindeiro 10 de maio…
Publicado o 16/04/2009 | nas seccións:
BNG,
Comunicados,
Novas |
A organización xuvenil Isca! e un grupo de militantes e simpatizantes da nosa organización son os asinantes iniciais dun manifesto que, baixo título de “Máis Alá! - por un cambio de rumbo no nacionalismo galego” está a difundirse entre a militancia nacionalista de cara á Asemblea Nacional do BNG. Nel, resúmese a nosa análise do [...]
Publicado o 10/04/2009 | nas seccións:
BNG,
Destaques,
Novas |
Logo da comparecencia pública na que anunciamos o noso cambio de nome, volvemos a contar con un espazo na rede que acompañe a nova xeira do Movemento Galego ao Socialismo. Esta páxina, provisional e ainda en construción, serviranos de canle directa para transmitir sen intermediarios as nosas posicións á base social do nacionalismo, tanto no [...]
Publicado o 09/04/2009 | nas seccións:
Novas |
O pasado 20 de marzo celebrouse na sede do Clube Internacional de Prensa unha comparecencia pública de tres representantes da nosa organización (Noa Presas, Rafa Villar e Fidel Diéguez), co obxectivo de clarificar a nosa postura ante a situación de confusión criada logo da marcha do BNG de parte dos nosos ex-compañeiros e a existencia de dous colectivos que até o de agora estivemos a usar as siglas do Movemento pola Base.
Publicado o 08/04/2009 | nas seccións:
Comunicados,
Novas |