Día da Patria 2009: Por unha Galiza ceibe e socialista

Este 25 de Xullo de 2009 era o primeiro en que a nosa organización, o Movemento Galego ao Socialismo (MGS), aparecía xa con sigla propia nun Día da Patria, facendo parte da tradicional manifestación que nesa data convoca o BNG na capital de Galiza. Unha manifestación que este ano levaba por lema “Movámonos. Polo noso [...]

Sae á rúa o primeiro número da nosa revista: “Arredista!”

No Día da Patria saiu á luz o primeiro número da nosa revista, que baixo o nome “Arredista!” quere ser unha publicación para o debate político e a reflexión en torno á loita polo socialismo, o nacionalismo, a solidariedade internacionalista, os movementos sociais ou as loitas sectoriais. Unha revista á que, sen unha periodicidade definida, [...]

Máis Alá!, folla informativa do MGS

“Máis Alá!”, a folla informativa da nosa organización, serviranos de hoxe en diante de canle de comunicación directa coa base social do nacionalismo, nesta nova xeira que vimos de iniciar baixo as siglas do Movemento Galego ao Socialismo. O primeiro número distribuiuse masivamente durante o Día da Patria en Compostela, e centra os seus contidos [...]

A mellor homenaxe é a vitoria

O Movemento Galego ao Socialismo (MGS) realizará o próximo 12 de agosto unha commemoración do asasinato do militante nacionalista e comunista Moncho Reboiras, abatido polos disparos da policía franquista en 1975, xa nos estertores dun réxime sanguento até o final.
Reboiras aunou intelixencia e compromiso para actuar como un organizador nato ao longo da súa vida, [...]

En rolda de prensa celebrada o pasado xoves 16 de xullo, membros da Xestora Nacional do MGS fixeron unha breve análise da conxuntura política e adiantaron algunhas das iniciativas a desenvolver pola organización.

Nunha rolda de prensa que tivo como escenario a capital galega, varios dos membros da Xestora nacional do MGS deron conta perante os medios de comunicación da súa visión acerca da conxuntura política actual, ao tempo que aproveitaban para avanzar algunhas das iniciativas e campañas que a devandita organización vai desenvolver nos próximos meses.
Respecto da [...]

Ligazóns

Isca!BNGCIG

Arquivos

RSS Novas da web de Isca!

RSS Novas do xornal dixital da CIG

RSS Novas da web do BNG