Israel acusado de crimes de guerra

O Conselho de Direitos Humanos da ONU aprovou a 16 de outubro o «relatório Goldstone», que acusa Israel de crimes de guerra durante a última invasom da Faixa de Gaza. A resoluçom foi aprovada por 25 votos a favor, seis votos contra (Estados Unidos, Holanda, Ucrânia, Itália, Eslováquia e Hungria) e 11 abstençons, e abre [...]

Facenda somos todos, pero uns máis que outros

Dicía con retranca Anatole France que “Nun compromiso de igualdade, a lei prohibe, tanto aos ricos como aos pobres, durmir debaixo das pontes, mendigar na rúa e roubar pan”. Esta curiosa forma de igualitarismo parece inspirar a reforma fiscal que promove o Goberno español de Rodríguez Zapatero, que terá como medida estelar o incremento do [...]

Euskal Herria: ningunha oportunidade para a paz

A detención esta mesma semana de destacados militantes da esquerda abertzale (entre eles, a cara pública máis coñecida de Batasuna, Arnaldo Otegi, e mais o ex secretario xeral da central sindical abertzale LAB) pon de manifesto, máis unha vez, que a solución dialogada ao conflito vasco segue a estar lonxe do horizonte, polo menos para [...]

18 de outubro: un berro unánime pola Lingua

A convocatoria dunha manifestación nacional en prol do idioma propio e nacional de Galiza, promovida pola recentemente creada plataforma social QUEREMOS GALEGO e que está a concitar un número importante de apoios, sitúa nun primeirísimo plano a cuestión da lingua e da súa necesaria normalización de usos sociais. Máxime nun momento en que desde o [...]

Sobre o porto desportivo de Massó ou a Reganosa do sul

[Artigo de opinión de Diego Santório e Breixo Lousada, militantes do MGS]
A história do conflito criado em torno à construçom dum porto desportivo no Salgueirom, em Cangas do Morraço, em terreos da antiga conserveira Massó, vem já de longe.
Esta obra é impulsionada pola promotora imobiliária Marina Atlántica, contando com o financiamento de Caixanova e a [...]

“Proposta Militante”, a alternativa da mocidade combativa en Galiza Nova

Baixo o nome de “Proposta Militante”, a organización xuvenil Isca! e militantes independentes de Galiza Nova impulsan unha candidatura para participar na XI Asemblea Nacional da organizació xuvenil do BNG.
No plano organizativo, a candidatura impulsa unha democratización a todos os niveis, a posta en valor da pluralidade, unha potenciación da colexialidade dos organismos e un [...]

Premio Nobel para a guerra

“O capitalismo trae en si a guerra como a nube trae a treboada”
Jean Jaurès

Apenas nove meses despois de chegar á Casa Blanca, Barack Obama xa ten o premio Nobel da Paz, xa habitualmente controvertido. Non pode Obama expoñer moitos méritos nen logros concretos; de facto, o xuri premia apenas as súas intencións, non as súas [...]

Guevara

Che

Pequena nota elaborada polo noso compañeiro Rafa Villar en memoria do Che Guevara, cando se cumpren corenta e dous anos do seu pasamento.

Lei de Estrangeiria: mais sombras que luzes

O passado dia 17 de setembro de 2009, os votos favoráveis dos deputados e deputadas de CiU, Coalición Canaria e BNG permitírom a tramitaçom parlamentar, nas Cortes Gerais espanholas, da quarta reforma em oito anos da Lei de Estrangeiria, promovida polo Governo central do PSOE.
O voto favorável à tramitaçom do projecto de lei nom compromete [...]

Rinse de nós

Pablo Crespo recibiu ás gargalladas o resultado eleitoral do 1 de marzo. Desde o cárcere, ufanábase ante o seu avogado da nula incidencia da trama de corrupción organizada por el mesmo. Ríase da vitoria eleitoral do PP, e ríase de todos aqueles aos que considera tan parvos como para votar a un partido que saben [...]

Ligazóns

Isca!BNGCIG

Arquivos

RSS Novas da web de Isca!

RSS Novas do xornal dixital da CIG

RSS Novas da web do BNG