[Artigo de Rafa Vilar]
Estes días repenican uns e outros, Monarca español incluído, acerca de procurar un pacto político e social que contribúa a que o Estado español saia da crise. Crise identificábel nos números cegos da macroeconomía mais que, sobre todo, é recoñecíbel nos pequenos números en que se move a clase traballadora, a cal [...]
Publicado o 25/02/2010 | nas seccións:
Artigos |
O chamado «Acordo para o Emprego e a Negociaçom Colectiva», subscrito o passado 9 de fevereiro entre os sindicatos espanhois CCOO e UGT e as associaçons patronais CEOE e CEPYME é gravemente lesivo para a classe trabalhadora galega. Com este pacto, os assinantes sacrificam as já fracas rendas salariais e, em contrapartida, o patronato nom [...]
Publicado o 19/02/2010 | nas seccións:
CIG,
Novas,
Sindical |
[Artigo de opinión de Antolín Alcántara]
O capitalismo é un sistema concibido para acumular e concentrar a riqueza que crea, a súa reprodución é contraria xa que logo a unha repartición xusta e social desta riqueza e na medida en que o seu propio metabolismo acelera a súa concentración, como na actualidade, desaloxa do seu perímetro [...]
Publicado o 16/02/2010 | nas seccións:
Artigos,
Sindical |
Como servizo público, a sanidade pública susténtase na equidade e na redistribución económica e ten por definición un carácter universal. Porén, este sector ten problemas mil veces denunciados, en particular unha lentitude que irrita amiúde.
Non obstante, os distintos gobernos do noso entorno non só teñen desoído as solucións lóxicas a estes problemas, plantexadas desde os [...]
Publicado o 12/02/2010 | nas seccións:
Novas |
Como se viña anunciando, o Goberno do Estado (no seu Consello de Ministros do 5 de febreiro de 2010) tomou a decisión de recorrer a nova Lei galega de Caixas (en rigor, a modificación da anterior Lei de Caixas), impulsada polo nacionalismo galego no Parlamento galego e aprobada, cos votos a favor de BNG e [...]
Publicado o 11/02/2010 | nas seccións:
Novas |
José Emílio Vicente (que falou en nome da organización xuvenil Isca) e Antolín Alcántara foron as persoas encargadas de clausurar cos seus discursos o noso Encontro Nacional, celebrado o pasado 30 de xaneiro en Teo, dando remate así a unha produtiva xornada de debate, unha vez eleita a nosa nova coordenadora nacional e aprobadas as [...]
Publicado o 11/02/2010 | nas seccións:
Destaques |
O Encontro nacional do MGS, que se realizou o pasado día 30 de xaneiro baixo o lema “Da teoría para a práctica”, concibiuse como unha posta en común do conxunto da militancia da organización, co fin de analizar e debater a actual conxuntura política e social de Galiza, e de ir adecuando organizativamente o propio [...]
Publicado o 09/02/2010 | nas seccións:
Comunicados,
Destaques |
A central sindical nacionalista e de clase presentou esta semana o documento elaborado polo seu Consello Confederal no que recolle toda unha serie de medidas para afrontar a crise económica dun xeito que favoreza as maiorías sociais, sentando as bases dun novo modelo social e produtivo.
O documento Políticas alternativas fronte a crise defende entre outras [...]
Publicado o 04/02/2010 | nas seccións:
CIG,
Novas,
Sindical |
Desde o Forum Europa Tribuna Galicia, este mércores 3 de febreiro o modisto galego de nacemento Adolfo Domínguez (AD) deu en espir as súas receitas para a actual conxuntura económica e o seu propio ideario que, hoxe en día, se sitúa a carón da caverna ideolóxica da dereita máis dura e reaccionaria. Na realidade, [...]
Publicado o 04/02/2010 | nas seccións:
Artigos |
Outra das polémicas que teñen marcado a axenda con relación a actuacións que se desenvolven ou van desenvolver no litoral galego é a relacionada coa presentación do Plano de Ordenación do Litoral (POL).
A presentación deste POL é a primeira fase dun calendario que prevé enviar aos concellos e demais organismos envolvidos para redixir e negociar [...]
Publicado o 03/02/2010 | nas seccións:
Novas |