1º de maio: manifestacións da CIG

O Movemento Galego ao Socialismo chama a participar nas mobilizacións convocadas polo sindicalismo nacionalista neste primeiro de maio. A seguir reproducimos un video editado pola central sindical para esta data, onde se analiza desde a perspectiva de diversos economistas e sindicalistas a situación de crise económica e as medidas axeitadas para enfrontala con alternativas [...]

A loita de clases continúa

Na víspera do 1º de maio, xornada referencial de loita para  a nosa clase, reproducimos un artigo dos nosos compañeiros Artur González e Xosé Maio, publicado no segundo número da nosa revista:
A loita de clases continúa
A estas alturas da crise económica xa é sabido por todas e todos que a orixe da mesma non [...]

Coas vítimas do franquismo, non con Garzón

O Movemento Galego ao Socialismo (MGS) desexa intervir no debate social existente arredor do procesamento por prevaricación de Baltasar Garzón, xuíz da Audiencia Nacional española, e nomeadamente pola existencia de iniciativas de apoio ao maxistrado promovidas por organizacións políticas e sindicais, asociacións para a recuperación da memoria histórica [...]

Saímos á rúa en defensa de Cuba e contra a farsa mediática

Arredor dun milleiro de persoas denunciaron a manipulación informativa contra Cuba e a súa revolución nas rúas de Compostela. A convocatoria da Asociación Francisco Villamil, secundada por ducias de organizacións -entre elas o BNG, o Movemento Galego ao Socialismo e Isca!-, serviu para expresar na rúa a solidariedade galega co pobo cubano, empeñado na construción [...]

“Máis Alá!” nº3: Solidariedade coa Revolución Cubana

O terceiro número da nosa folla informativa, “Máis Alá!” distribuiuse na manifestación nacional de solidariedade con Cuba e a súa revolución que tivo lugar o 18 de abril en Compostela.
A seguir podes consultala integramente ou descargala:

Ver a pantalla completa

Descargar en pdf

O 25 de Abril em Compostela, defendamos os serviços públicos!

O vindeiro domingo 25 de Abril às 12.30, desde a alameda compostelá partirá umha manifestaçom contra a política de desmantelamento e precarizaçom dos serviços públicos iniciada polo governo do PP na Xunta de Galiza.
Muitos som os ámbitos onde esta vaga privatizadora está actuando. Na sanidade, os intentos de privatizaçom nos novos hospitais mediante fórmulas PFI [...]

Egunkaria askatuta!

[Artigo de Óscar de Lis]
A corrente mainstream dos meios de comunicação espanhóis anunciou ontem a decisão da Audiência Nacional (AN) sobre o encerramento do jornal basco Egunkaria, decretado em 2003 polo juiz da própria AN, Juan del Olmo. Então, na ordem de feche figuravam acusações da ordem de colaborar com a [...]

Solidariedade cos estudantes xulgados en Lugo

O luns 12 de abril tivo lugar en Lugo o xuizo contra tres estudantes polos feitos ocorridos durante unha mobilización estudantil na que a policía interviu brutalmente. A nosa organización solidarizouse con eles e chamou a participar na concentración de protesta por medio da seguinte nota de prensa:
O Movemento Galego ao Socialismo (MGS), organización da [...]

Sen embargo, viva Cuba!

[Artigo de Rafa Vilar]
Nas últimas semanas, e a raíz do infortunado pasamento dun preso folguista na illa, contra Cuba está a se desatar unha feroz campaña político-mediática que procura dobregar o goberno cubano e facer que abandone os vieiros revolucionarios emprendidos no ano 1959. Trátase dun revoltado furacán de dimensión internacional no que se comprometen [...]

Manifestaçom em Ponte Vedra pola sanidade pública

Umha nova mobilizaçom defenderá a sanidade pública ante o processo de privatizaçom iniciado polo governo popular com os projectos de novos hospitais, financiados por empresas privadas, em Vigo e Pontevedra. Desta volta, é a plataforma contra a privatizaçom da sanidade da área sanitária de Ponte Vedra a que convoca umha manifestaçom, na sexta 16 de [...]

Ligazóns

Isca!BNGCIG

Arquivos

RSS Novas da web de Isca!

RSS Novas do xornal dixital da CIG

RSS Novas da web do BNG