Sae á rúa o primeiro número da nosa revista: “Arredista!”
No Día da Patria saiu á luz o primeiro número da nosa revista, que baixo o nome “Arredista!” quere ser unha publicación para o debate político e a reflexión en torno á loita polo socialismo, o nacionalismo, a solidariedade internacionalista, os movementos sociais ou as loitas sectoriais. Unha revista á que, sen unha periodicidade definida, pretendemos dar continuidade e consolidar como referente galego e de clase.
Estes son os artigos que contén:
- Unha nova paisaxe no nacionalismo galego
- Neoliberalismo lingüístico
- Isca!, o lume que prende
- Luita de classes: o “retorno”
- Entrevista a Serxio Fontanes e Antolín Alcántara, sindicalistas do metal
- Un novo escenario mundial?
- Panorama político en América Latina
- Recomendamos
Os primeiros exemplares distribuíronse o 24 e o 25 durante a manifestación do Día da Patria e no Festigal.
A seguir podes consultala integramente ou descargala:





