Apoiar o BNG para avanzar cara a soberanÃa nacional e a xustiza social
No vindeiro 21 de Outubro celebraranse eleccións ao Parlamento de Galiza. Desde o Movemento Galego ao Socialismo entendemos que a participación electoral é necesaria para a loita que se ten que desenvolver no eido institucional, un aspecto máis da loita pola transformación social e a conquista do soberanÃa da nosa nación. É óbvio que hoxe esta participación, e dadas as moi limitadas competencias autonómicas, trata non sobre a apertura de posibilidades revolucionarias inmediatas senón de ou validarmos o rumo que nos leva ao desemprego, á profundización da crise e a destrución dos servizos públicos e a lingua, ou favorecer desde as institucións o labor de resistir e enfrontar a ofensiva españolista e do capital.
É pois ese prisma baixo o que se debe xulgar a participación eleitoral e polo que, como colectivo integrante da fronte patriótica, o BNG, chamamos a dar máis forza ao BNG neste 21 de outubro. O desaloxo do PP das institucións autonómicas é imprescindÃbel para mudar as polÃticas de recortes e empobrecimento que están a aplicar. Mais o verdadeiramente importante será derrotar esas polÃticas de dereita, agora aplicadas polo PP nos gobernos autonómico e central, mais antes tamén polo PSOE no goberno do Estado, e garantir que as polÃticas desenvolvidas desde as institucións se sitúen frontalmente contra os recortes sociais e non do lado deles.
Moitas das diagnoses que só o BNG sostivo frente aos que quixeron a sua integración no sistema móstranse mais certas que nunca: a UE como instrumento do capital e a súa negativa incidencia nos nosos sectores produtivos que se viña sumar á opresión nacional no Estado, e polo tanto, a ligazón existente entre a necesaria soberania polÃtica do noso paÃs, a democracia e a mudanza de modelo económico e social. Asà o mostrou opoñéndose ao Tratado de Maastricht, e reiteradamente despois ao Tratado de Lisboa, ao Tratado Constitucional, e nos últimos tempos ao Tratado de disciplina fiscal xa nesta crise, que afogará máis os pobos. O BNG, nestes anos de saqueo, apoiou as folgas xerais convocadas desde a CIG en solitario ou con outras organizacións, opúxose na rúa e nos parlamentos a todos os recortes sociais: o repagamento e a eliminación da atención sanitaria gratuita a emigrantes indocumentados, as reducións de persoal público de sanidade ou educación, ao incremento do IVE, á rebaixa salarial e ao roubo da paga extraordinaria… e mesmo desde as institucións que goberna está aboando esa paga, opoñendose ás instrucións que emanan desde o real decreto estatal.
Estamos ademais perante un contexto estatal onde á crise social provocada polo capital engádese unha crise polÃtica onde as organizacións soberanistas de Cataluña e Euskal Herria achéganse notabelmente a unha correlación de forzas favorável a unha ruptura do marco xurÃdico-polÃtico antidemocrático vixente e á construción de Estados propios, algo que se verá reflectido nos procesos eleitorais que se desenvolven tamén nestes paÃses. É preciso que, frente á deriva recentralizadora do españolismo que se pode agudizar frente ás aspiracións de liberdade dos povos, Galiza conte con forzas propias o mais fortalecidas posÃbel, nas institucións e na rúa, que teñan claro que que só coa soberanÃa, conquistada desde a autoorganización, poderemos construir un modelo económico favorábel ás clases populares, e asà llo transmita ao pobo galego. A forma en que sairemos desta crise polÃtica e social dependerá da forza que teña o nacionalismo galego, e da clareza do seu programa, actividade e estratexia polÃtica neste importante e decisivo perÃodo: reforzar o BNG é pois, imperativo e urxente.
Imperativo e urxente xa que o BNG é a máis útil ferramenta polÃtica da esquerda e do nacionalismo neste paÃs, e a única candidatura nacionalista e de esquerdas deste proceso eleitoral. As propostas do BNG céntranse pois en avanzar cara a soberanÃa nacional e a xustiza social enfrentando as polÃticas que nos teñen levado até aquÃ: o BNG defende explicitamente no seu programa electoral, como medidas prioritarias, o reforzo da iniciativa pública, en particular na banca e en sectores como a enerxÃa, o naval, o téxtil e o automóbil, financiada por medio dunha reforma fiscal progresiva; o impulso da democracia co establecemento de novos instrumentos de participación e garantindo que todos os votos teñen o mesmo valor; e o recoñecemento do dereito de autodeterminación e a presenza directa de Galiza no ámbito internacional; alén doutras declaracións de profunda raizame anti-imperialista, como a oposición á integración europea ao servizo do capital e a defensa dunha polÃtica exterior antagónica do imperialismo impulsado pola OTAN, orientada á paz e á convivencia entre nacións.
Asà pois, neste 21 de Outubro as e os independentistas e revolucionarios organizados dentro do BNG chamamos o povo galego a apoiar as súas candidaturas para levar a voz das rúas ao Parlamento, para aumentarmos asà a loita contra as polÃticas de dereita, acumulando forzas para avanzar cara a soberanÃa e o socialismo.






