Principios e obxectivos

- A nosa é unha organización da Clase Traballadora que asume como principios e obxectivos os intereses estratéxicos da Clase Operaria Galega.

- A nosa organización non se conforma con criticar e reformar o capitalismo senón que defende a superación do sistema que está na base mesma da opresión e da inxustiza, isto é, a defensa do socialismo como alternativa, do antiimperialismo e da solidariedade internacional.

- Loitamos pola plena soberanía nacional de Galiza, cunha posición independentista, que se ha acadar a través da acción política, de conquistar o dereito de autodeterminación e da construción do poder popular.

- A liberación nacional está ligada á loita de clases. Superada a época histórica das revolucións burguesas, correspóndelles ás clases populares pórse á cabeza das loitas democráticas e republicanas.

- Loitamos contra todos os sistemas de dominación, traballaremos contra unha división xerarquizada e de xénero da sociedade. Defenderemos un modelo de sociedade igualitaria, sen discriminación de xénero nin por identidade ou opción sexual.

- Defendemos as coordenadas históricas do nacionalismo asembleario, popular e participativo, que pule porque as clases populares teñan o protagonismo que lles corresponde.

- A utilización como ferramenta do marxismo, para alén das contribucións que se fixeron ou poidan realizar, entre as que temos que salientar o leninismo, para a conformación dunha ideoloxía superadora da explotación dunhas persoas por outras. Recollemos como esencial, para o seu estudo e divulgación, a experiencia da loita secular do movemento social en Galiza a prol da defensa da nosa identidade nacional e pola liberación; así como noutros países as loitas da clase operaria, das organizacións populares en xeral, e dos movementos de liberación nacional.

- Entendemos o laicismo como un valor irrenunciábel parello ao noso modelo de artellamento social.

- Consideramos a defensa do Medio, o respeito pola natureza e polo patrimonio un eixo fundamental a desenvolver en todos os aspectos da nosa práctica política.

Ligazóns

Isca!BNGCIG

Arquivos

RSS Novas da web de Isca!

RSS Novas do xornal dixital da CIG

RSS Novas da web do BNG